Vídeos interactivos con ARticulate Storyline

Ando medio desaparecido. A razón é que estiven traballando moi duramente para facer unhas unidades interactivas en vídeo sobre meteoroloxía xunto co meu compañeiro de fatigas Jorge Gutiérrez. Xa explicarei máis polo miúdo a implementación e desenvolvemento do proxecto, polo de agora simplemente as comparto: Os enlaces a todas as unidades:
http://centros.edu.xunta.es/cpicondedefenosa/1introcompo/story.html

http://centros.edu.xunta.es/cpicondedefenosa/1histo/story.html

http://centros.edu.xunta.es/cpicondedefenosa/1atmss/story.html

http://centros.edu.xunta.es/cpicondedefenosa/2capas/story.html

http://centros.edu.xunta.es/cpicondedefenosa/3humid/story.html

http://centros.edu.xunta.es/cpicondedefenosa/3presi/story.html

http://centros.edu.xunta.es/cpicondedefenosa/3tempe/story.html

http://centros.edu.xunta.es/cpicondedefenosa/3vento/story.html

http://centros.edu.xunta.es/cpicondedefenosa/4dinam/story.html

http://centros.edu.xunta.es/cpicondedefenosa/4nubes/story.html

http://centros.edu.xunta.es/cpicondedefenosa/5mapas/story.html

http://centros.edu.xunta.es/cpicondedefenosa/5climo/story.htmlhttp://centros.edu.xunta.es/cpicondedefenosa/5climoesp/story.html
http://centros.edu.xunta.es/cpicondedefenosa/6meteo/story.html

http://centros.edu.xunta.es/cpicondedefenosa/6vento/story.html

http://centros.edu.xunta.es/cpicondedefenosa/7conta/story.html

Traballando o vídeo coa técnica de croma (chroma key) na aula

Este pasado mércores tiven a sorte de que me convidaran a pasar  a tarde cos compañeiros do IES da Proba do Caramiñal. Pedíronme unha ponencia-obradoiro sobre o uso da técnica do chroma key na aula e ademáis puidemos conpartir un fabuloso café cun biscoito estupendo que deu pé a preguntas que tratarei de resolver en futuras entradas.

O chroma key (de agora en adiante croma) é unha técnica que xa ven do mundo analóxico e leva moito tempo no cine. Consiste en empregar un fondo verde ou azul que posteriormente, no proceso de edición, elimínase e substitúese por unha imaxen fixa ou vídeo.
Se nos remontamos a finais do século XIX, xa Mèliés empregaba pequenos trucos (enormes para a aquela época) como stop trick e pintar o celuloide con cores fotograma a fotograma. A comezos do século XX Petro Vlahos (encargado dos efectos especiais como Ben-Hur ou Mary Poppins) deu un salto de xigante cara a técnica que vamos a aprender aquí  e comeza cos primeiros efectos de croma que se desenvolvían na fase de laboratorio.
Link de ampliación

Por exemplo, na trioloxía da saga Star Wars había combinacións de técnicas de croma, pero tamén stop motion e efectos especias en directo. Tal e como podedes ver aquí  e que responderá ás preguntas que vos fixéchedes de mozos cando todos disfrutamos da saga no cine e soñábamos con pilotar o falcón milenario (e algún pasarse ao lado escuro...?).



Na actualidade o proceso é un pouco máis doado e accesible para todos e faise de xeito dixital con ordenadores. Moitísimas producións incorporárono de xeito moi frecuente en películas e series e vendo o vídeo de embaixo fainos pensar que haberá de certo nas imaxes que vemos ás veces e o doado que sería enganarnos.



Nós como profes temos un recurso estupendo na elaboración de pequenos vídeos con croma pois permítenos inserir ao alumno,un grupo de alumnos ou a nós mesmos nun decorado estático (imaxe) ou en movemento (vídeo) que pode ser un cadro de arte, un país estranxeiro, un punto microscópico como É a célula ou xigantesco como o Sistema Solar, cambiar doadamente os decorados creados con debuxos dos alumnos para unha obra de teatro....ou ...upps! poderíamos estar así todo o post, polo que o límite é a vosa imaxinación e a dos vosos alumnos.

Froito da miña experiencia, agora mesmo é moi cómodo facer este tipo de técnicas de tres maneiras diferentes que explicarei deseguido, o cal non quita que dentro dun ano, haxa novos programas máis baratos ou gratis e máis potente que desacrediten esta entrada a día de hoxe.

Din que unha imaxe vale máis que mil palabras, e se volo poño en vídeo...  serán cen mil?. Decidide vós e aquí vos deixo a presentación sobre as tres técnicas que vos recomendo e coas cales fixen as vídeoleccións de meteoroloxía e que están funcionando moi ben cos alumnos.







Actividades III Congreso Software libre



 

Actividades con Youtube:
1. Abrir conta en Youtube
2. Subir os dous vídeos que están no enlace:
3. Facer listas de reprodución sobre dous temas
4. Engadir anotacións sobre os vídeos subidos
5. Probar outras ferramentas de edición: música, difuminado caras...

Actividades Pop Corn Maker
  1. Mirar este exemplo sobre Luis Iglesias, feito a partir de contidos de educaBarrié.
  2. Ir a pop corn maker e facerse unha conta. https://popcorn.webmaker.org
  3. Desde https://popcorn.webmaker.org/es/editor/
  4. Coller 2 vídeos de educaBarrie e enriquecelo con eventos.
    1. https://www.youtube.com/playlist?list=PLK-cRIKK-GvU-uL7RZ80ImE7ZtfH6aA1n
  5. Poñer as 2 pistas unha tras outra e recorta as intros e os tramos finais.

Cursiño do emprego do vídeo na Aula. Viana do Bolo

Ola amigos!
Aquí vos deixo o material para que poidades traballar os contidos impartidos na clase.

LINK a titoriais e exercicios.


Vémonos axiña!