Capturar o son da tarxeta gráfica ( o que escoitas polos altofalantes) co windowss vista


Levaba tempo que non podía usar a opción de gravar o son que sae polo ordenador .Esta opción permítenos grabar a música dunha radio de internet, dunha Tv online, dun xogo... etc e pode ter numerosas apliacións didácticas. 


Eu co "Juiindous" vista pulsaba sobre a gravadora de sons (Inicio>Programas>Accesoria>Gravadora de sons) e só capturábame a entrada do micrófono. Pero eu pretendía capturar o son da tarxeta de audio, xa fose dende o programa Audacity ou dende a opción que me da o camtasia, por exemplo. 
Buscando un pouco por internet dei coa orixe do problema: en Inicio/Configuración/Panel de Control/Son, na pestana de Gravar tan só se mostraba o micro (FrontMic).




 Non se mostraba a tarxeta de audio.
Pero pulsando co botón dereito sobre o micro ou a táboa que mostra os dispositivos que hai que gravar, e marcando no desdobrable Mostrar dispositivos deshabilitados, amosábanse xa todos.




 Abondaba entón pulsar a tarxeta de audio co dereito e marcar ‘Habilitar’.




Agora, ao activar a gravadora de sons Media stéreo podía xa gravar o audio da tarxeta.

Así de era de doado!

No hay comentarios: