Dragon 10. 0 combinado con cascos inalámbricos

http://spain.nuance.com/naturallyspeaking/
o programa dragon 10.0  é un software que nos permite pasar a nosa voz a texto escrito. Navegar pola rede coa nosa voz...etc.
Evidentemente, as aplicacións que pode ter para uso docente ou na produción científicapoden ser enormes. Se este software ademáis o combinamos cun dispositivo de micro inalámbrico ou" wireless" o resultado pode ser moi efectivo (demo no vídeo de emabixo)
 
 
Imaxinade tomar apuntes transcritos directamente dende o lugar onde facedes as observacións de laboratorio, no microscopio,  na poiata do laboratorio,  lendo artigos e empregando as dúas mans para suxeitalos e levalos á altura da vista  e non ter que andar encorvados..... e un longo etc
Aplicado a clase??.
Se nos colocamos os cascos inalámbicos no pescozo e deixamos o micro activo....poderíamos.ter un podcast de cada clase que demos, .......un vídeocast sincronizado da presentación powerpoint que empreguemos na aula coordinada ca explicación do audio,  ter transcripción ao momento da explicación que demos na clase... e se damos unha clase nunha aula que teña ordenador e altofalantes, a posibilidade de falar a través dos altofalantes para que o público nos escoite mellor....en fin...os límites que os poña cada un.

A miña experiencia persoal co  Dragon 10.1 :  despóis de dúas semanas probándoo, o resultado é abraiante, podo pasar 10 carillas a interlineado sinxelo, fonte 11 en somentes 2 horas....que tipógrafo experto alcanza esas volicidades??.  Hai que correxirlle palabras que trabuca, pero cunha taxa moi cativa. Podemos engadirlle léxico novo ou incluso listas enteiras de léxico novo e logo entrenalas ca nosa voz se queremos. Aqui vos deixo unha demostración que fixen para demostrar a súa efectividade:


 Anímovos a probalo. Por desgracia, non hai versión gratuíta de proba. A boa nova é que non é excesivamente caro e a día de hoxe vale 99 eu . Se optamos pola opción con micro inalámbrico son 199 eu.

No hay comentarios: