PicMonkey

Todos coñecemos as posibilidades picasa  ou GIMP para darlle un efecto creativo final a unha foto, pero chegou hai pouco PicMonkey que é un editor de imaxes gratuíto online.
Seguro que se converte nunha boa alternativa ao servizo que ben de pechar chamado picnick e recollerá a moitos dos seus usuarios.
Dispón de moitas ferramenta para retocar as imaxes, dispón por suposto das opcións básicas comúns a outros programas como son cortar, xirar, axustar brillos, cambialos ás intensidades ás fotos....etc

Ate o de agora non é necesario rexistrarse e é unha boa ferramenta en liña para todos aqueles que non queren utilizar programas de escritorio para facer retoques ás imaxes ou que editen as fotos desde unha tableta. Con certa frecuencia ten novas incorporacións de texturas, cores, efectos...etc. 

Eu estouna recomendando na aula ao meus alumnos para dar un efecto creativo final ás fotos rápida, efectiva e intuitiva, convertíndose nun execelente complemento a GIMP, xa que non me acaban de vonvencer os filtros que trae demasiado Aquí deixo un vídeotitorial que fixen para os alumnos.

Extraer as imaxes dun documento de texto

Unha amiga comentoume un problema. Non sabía onde estaban as fotos orixinais dun texto, xa que as tiña desperdigadas por carpetas diferentes do seu disco duro e precisaba recuperar as imaxes. O texto tiña demasiadas imaxes como para facelo unha a unha e non sabía como extraer as imaxes dun documento de texto....pero como podemos extraelas? Nunca o pensara nunca, pois non se me dera a situación antes. Como comentaba unha solución, se son pouca é unha por unha, copiando e pegando nun editor de imaxes e gardándoas...pero leva tempo. Porén.... hai unha solución sinxela á vez que orixinal: gardar o arquivo como páxina web. Desta forma créase un cartafol que contén todas as imaxes numeradas en orde de aparición, no seu formato e calidade orixinal. Toma xa! o truco do almendruco do día!. Aquí tedes un vídeo titorial, por se acaso aínda non o vedes: