Difuminar ou pixelar caras en youtube

Os que traballamos co vídeo como ferramenta educativa, estamos de noraboa. Youtube hai pouco engadiu  (xullo do 2012) unha ferramenta á edición dos vídeos subidos a súa plataforma chamada "desenfocar as caras". Deste xeito podemos desenfocar ou difuminar as caras de aqueles alumnos que desexen gardar anonimato nos nosos traballos escolares. Aquí déixovos un exemplo no que podemos ver un vídeo subido á miña canle no que á esquerda vemos o vídeo sen filtro e a dereita co filtro de difuminado. Como podemos apreciar, funciona estupendamente. Por suposto, dá o mesmo que o/s noso/s suxeito/s se movan, o filtro plaícase alí onde detecte unha cara.