O Proxecto

Coa implantación no curso 2010/2011 do plan Abalar pola Consellería de Educación en Galicia, penso que é preciso axudar aos colegas dos centros educativos a facer unha transición gradual ao emprego das ferramentas dixitais e da web 2.0.

Por este motivo, e como levo 5 anos empregando as TIC nas clases de ciencias, comecei a elaborar unha serie de vídeotitoriais e axudas para tratar de facer máis doada a incorporación paulatina dos profeques a este eido dixital.

Esta axuda é altruísta e desinteresada, nalgúns casos son materiais elaborados para axudar aos meus compañeir@s dos grupos de traballo concedidos nos derradeiros cursos, mentres que nalgúns casos son materiais que estou elaborando para axudar aos compañeiros do C.P. I Conde de Fenosa no curso de formación que estou impartindo dentro do Plana Abalar (só nos concederon 10 horas de formación......abraiante e desalentador á vez...)


Espero que atopedes información e formación suficiente para as vosas inquedanzas docentes da web 2.0.
Achéganse diversos materiais formativos en forma de videotitoriais, slidecast e videocast principalmente.
Tamén se tratan temas de actualidade educativa sobre as TIC en galego.

Este é un espazo común, polo que tod@s aquel@s que queiran participar e colaborar son benvidos.